Novas

Curso de horta escolar: enfoque ecosocial e prácticas de plantación

Co comezo de ano, retomamos o curso de “Horta Escolar Ecolóxica” 2024-2025 onde participan docentes de toda Galicia. A finais de xaneiro tivo lugar a segunda sesión en liña. Julieta Alasino, da cooperativa Alalá, achegounos a unha ferramenta novidosa para traballar o vínculo entre a horta e o currículo. En primeiro lugar, abordou a importancia do enfoque ecosocial na…

Ler máis

Recursos educativos para levar a horta ás aulas

No curso 2023/2024 levouse a cabo un proceso de acompañamento a dous centros da Rede, o Gándara International School e o CEIP Sobreira-Valadares, co obxectivo de que identificasen e levasen a cabo propostas para a mellora da transversalización da horta escolar no seu centro. En ambos os dous casos, o equipo de docentes e familias implicadas, decidiron crear e…

Ler máis

Curso “Horta Escolar Ecolóxica” 2024-2025

O pasado 27 de novembro iniciamos unha nova edición, dentro do Plan Proxecta, do curso “Horta Escolar Ecolóxica”. 25 docentes de 20 centros educativos galegos capacitaranse nos próximos meses en diferentes ámbitos relacionados co desenvolvemento das hortas escolares. Esta edición, combinará tres sesións en liña e dúas sesións presenciais. Na primeira sesión, titulada “Deseño e planificación da horta escolar….

Ler máis

II Encontro da Rede de Eco Hortas Escolares

Os espazos de intercambio e aprendizaxe son unha das prioridades da Rede. Por iso, non dubidamos este ano en celebrar de novo un encontro presencial con docentes e familias. O II Encontro da Rede de Eco Hortas Escolares tivo lugar o 27 de abril na Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar). Nesta ocasión participaron as docentes do “Horta Escolar Ecolóxica” que…

Ler máis

Talleres de horta coas familias voluntarias

No segundo trimestre celebramos talleres prácticos de horta coas familias voluntarias de 5 centros da Rede, co obxectivo de mellorar os seus coñecementos e facilitar así a súa participación no proxecto de horta escolar. A temática de cada taller foi escollida polo grupo de familias de cada centro, co obxectivo de ofrecer a formación que se axuste mellor ás…

Ler máis

Curso de horta escolar: xustiza global e enfoque de Educación para a Transformación Social

O curso “Horta Escolar Ecolóxica” que levamos a cabo con persoal docente de centros educativos de todo Galicia, celebrou dúas sesións máis no segundo trimestre, ambas as dúas en liña. A segunda xornada, titulada “Da horta á aula: A Educación para a Transformación Social (EpTS) nas hortas escolares”, tivo lugar o 24 de xaneiro. O concepto e evolución de…

Ler máis

Visita intercentros ao Gándara International School

A terceira e última visita intercentros deste curso tivo lugar a finais de febreiro. Nesta ocasión o CEIP Cedeira e o CEIP Porto Cabeiro, ambos os dous de Redondela, visitaron o colexio Gándara en Gondomar. Ao igual que nas anteriores visitas, o alumnado organizouse por grupos e foi rotando entre 3 actividades diferentes: Visita guiada ao espazo da horta…

Ler máis

Visita intercentros ao IES Monte Castelo

No segundo trimestre continuamos coas visitas ás proxectos de horta dos centros da Rede. Así, a finais de febreiro un grupo de alumnos/as e profesorado do CEIP de Prácticas (A Coruña) e o CEIP Anexa (Lugo) visitaron o IES Monte Castelo (Burela). Os tres centros forman parte da Rede dende o curso 22/23, cando se integraron a partir do…

Ler máis

Visita intercentros ao CEIP Sobreira-Valadares

A creación de novos espazos de intercambio e aprendizaxe entre os centros participantes é un dos principais obxectivos e retos da Rede de Eco Hortas para este curso escolar. Por iso, no mes de novembro organizamos a primeira visita intercentros da Rede. O centro anfitrión, o CEIP Sobreira-Valadares, acolleu durante unha mañá a alumnado e profesorado de 2º de…

Ler máis

Talleres de planificación coas familias voluntarias das hortas escolares

No mes de novembro iniciamos o acompañamento ás familias voluntarias da Rede de Eco Hortas Escolares. Como en cursos anteriores, 5 dos centros educativos integrados (EEI Monte da Guía, EEI Vilalaura, CEIP Sobreira-Valadares, CEIP Seixalbo e Gándara International School), ofreceron ás familias a oportunidade de formar un grupo de voluntarias que colabore nos proxectos de horta dos seus centros….

Ler máis

Co financiamento de:

Xunta de Galicia - Cooperación galega

Promove:

Amigas da Terra