III Encontro da Rede de Eco Hortas Escolares

Os Encontros da Rede de Eco Hortas xa son unha cita ineludible de fin de curso. Así, en maio xuntámonos por terceiro ano, nunha xornada de intercambio de aprendizaxes pero tamén de celebración no proxecto agroecolóxico Trasdeza Natur (Silleda). En total participaron do Encontro 24 persoas (20 persoas adultas e 4 nenos/as), tanto familias voluntarias da Rede como docentes…

Ler máis

Obradoiro para as familias voluntarias na Fundación Sales

O pasado mes de abril familias voluntarias de tres centros da Rede (EEI Vilalaura, EEI Monte da Guía e Gándara International School) puideron desfrutar dun novo espazo de intercambio e formación, creado exclusivamente para elas. O obxectivo foi favorecer un espazo que combinase intercambio de experiencias e capacitación en temas agroecolóxicos. A Fundación Sales, co seu fantástico xardín botánico…

Ler máis

Co financiamento de:

Xunta de Galicia - Cooperación galega

Promove:

Amigas da Terra