IV Encontro da Rede de Eco Hortas Escolares

Un ano máis, e xa van 4, organizamos o Encontro da Rede de Eco Hortas como xornada de fin de curso. Desta vez, un grupo de docentes e unha familia voluntaria da Rede xuntáronse na Finca A Castiñeira, en A Baña. O Encontro foi, como en edicións anteriores, a última sesión do curso de horta escolar ecolóxica que celebramos…

Ler máis

Obradoiro coas familias voluntarias na cooperativa Árbore

A Rede de Eco Hortas segue a promover espazos de intercambio, reflexión e aprendizaxe coas diferentes persoas e colectivos que participan nas hortas escolares dos centros participantes. En concreto, este martes 5 de maio, catro familias voluntarias da EEI Monte da Guía participaron dunha tarde de aprendizaxes e desfrute en familia. Primeiramente tivo lugar un obradoiro de xérmolos de…

Ler máis

Centros da Rede visitan proxectos agroecolóxicos galegos

No segundo trimestre deste curso, os centros que participan na Rede a través do Plan Proxecta realizaron visitas a proxectos agroecolóxicos galegos. Estas saídas buscaban achegar ao alumnado a proxectos destacados de cultivo ecolóxico que poñan en valor o rural galego e amosen alternativas de emprego sustentables e innovadoras, deconstruíndo así os prexuízos respecto ao traballo agrícola que moitas…

Ler máis

Curso de horta escolar: a integración da horta no centro educativo

O alumnado do noso curso de horta escolar seguiu adqiurindo coñecementos nos diferentes ámbitos que abordamos dende esta formación. Na cuarta sesión, celebrada de xeito virtual o pasado 26 de marzo, enfocámonos en estratexias e recursos para a integración da horta no centro escolar. A primeira parte centrouse nos límites e as oportunidades para o desenvolvemento das hortas que…

Ler máis

Curso de horta escolar: enfoque ecosocial e prácticas de plantación

Co comezo de ano, retomamos o curso de “Horta Escolar Ecolóxica” 2024-2025 onde participan docentes de toda Galicia. A finais de xaneiro tivo lugar a segunda sesión en liña. Julieta Alasino, da cooperativa Alalá, achegounos a unha ferramenta novidosa para traballar o vínculo entre a horta e o currículo. En primeiro lugar, abordou a importancia do enfoque ecosocial na…

Ler máis

Curso “Horta Escolar Ecolóxica” 2024-2025

O pasado 27 de novembro iniciamos unha nova edición, dentro do Plan Proxecta, do curso “Horta Escolar Ecolóxica”. 25 docentes de 20 centros educativos galegos capacitaranse nos próximos meses en diferentes ámbitos relacionados co desenvolvemento das hortas escolares. Esta edición, combinará tres sesións en liña e dúas sesións presenciais. Na primeira sesión, titulada “Deseño e planificación da horta escolar….

Ler máis

Curso de horta escolar: xustiza global e enfoque de Educación para a Transformación Social

O curso “Horta Escolar Ecolóxica” que levamos a cabo con persoal docente de centros educativos de todo Galicia, celebrou dúas sesións máis no segundo trimestre, ambas as dúas en liña. A segunda xornada, titulada “Da horta á aula: A Educación para a Transformación Social (EpTS) nas hortas escolares”, tivo lugar o 24 de xaneiro. O concepto e evolución de…

Ler máis

Visita intercentros ao Gándara International School

A terceira e última visita intercentros deste curso tivo lugar a finais de febreiro. Nesta ocasión o CEIP Cedeira e o CEIP Porto Cabeiro, ambos os dous de Redondela, visitaron o colexio Gándara en Gondomar. Ao igual que nas anteriores visitas, o alumnado organizouse por grupos e foi rotando entre 3 actividades diferentes: Visita guiada ao espazo da horta…

Ler máis

Visita intercentros ao CEIP Sobreira-Valadares

A creación de novos espazos de intercambio e aprendizaxe entre os centros participantes é un dos principais obxectivos e retos da Rede de Eco Hortas para este curso escolar. Por iso, no mes de novembro organizamos a primeira visita intercentros da Rede. O centro anfitrión, o CEIP Sobreira-Valadares, acolleu durante unha mañá a alumnado e profesorado de 2º de…

Ler máis

Co financiamento de:

Xunta de Galicia - Cooperación galega

Promove:

Amigas da Terra