A terceira e última visita intercentros deste curso tivo lugar a finais de febreiro. Nesta ocasión o CEIP Cedeira e o CEIP Porto Cabeiro, ambos os dous de Redondela, visitaron o colexio Gándara en Gondomar.
Ao igual que nas anteriores visitas, o alumnado organizouse por grupos e foi rotando entre 3 actividades diferentes:
- Visita guiada ao espazo da horta do Gándara e taller de elaboración de sementeiros, que o alumnado levou de volta como recordo da visita.
- Taller de cociña: elaboración de batidos verdes con follas da horta, bebida vexetal e froita.
- Taller de análise PH do solo para analizar as características do solo con ingredientes como limón, vinagre, xabón, bicarbonato, cinza, ou auga de cocer col lombarda.
O programa de actividades incluiu actividades relacionadas coa horta pero dende diferentes ámbitos como a cociña e a creación de experimentos científicos sinxelos, amosando a alumnado e profesorado o potencial educativo que teñen as hortas escolares.
Asimesmo, a visita permitiu que parte do alumnado do Gándara do nivel de Ed. Primaria participase das actividades de horta. Neste centro, o alumnado que participa habitualmente da horta é o de Infantil, polo que a visita supuxo unha oportunidade para dar a coñecer á horta é motivar á participación entre alumnado e acompañantes doutros niveis educativos do centro que habitualmente non participan.