IV Encontro da Rede de Eco Hortas Escolares

Un ano máis, e xa van 4, organizamos o Encontro da Rede de Eco Hortas como xornada de fin de curso. Desta vez, un grupo de docentes e unha familia voluntaria da Rede xuntáronse na Finca A Castiñeira, en A Baña. O Encontro foi, como en edicións anteriores, a última sesión do curso de horta escolar ecolóxica que celebramos…

Ler máis

Obradoiro coas familias voluntarias na cooperativa Árbore

A Rede de Eco Hortas segue a promover espazos de intercambio, reflexión e aprendizaxe coas diferentes persoas e colectivos que participan nas hortas escolares dos centros participantes. En concreto, este martes 5 de maio, catro familias voluntarias da EEI Monte da Guía participaron dunha tarde de aprendizaxes e desfrute en familia. Primeiramente tivo lugar un obradoiro de xérmolos de…

Ler máis

Curso de horta escolar: traballo nas aulas e a pé de horta!

En xaneiro e febreiro continuamos o curso de “Horta Escolar Ecolóxica” 2025-2026. A segunda sesión, celebrada de xeito online a finais de xaneiro, centrouse no traballo curricular e como relacionalo co proxecto de horta para sacar o maior proveito educativo. Para iso contamos con Julieta Alasino, da cooperativa Alalá, quen introduciu a visión da educación ecosocial como enfoque para…

Ler máis

Proxecto de investigación coa Misión Biolóxica de Galicia

Este curso iniciamos unha nova colaboración na Rede de Eco Hortas. Da man da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, centro adicado ao estudo e conservación dos nosos cultivos, levamos a cabo unha proposta para promover a investigación nos centros da Rede. A proposta consite en realizar un Ensaio de Investigación con Sementes, onde alumnas e alumnos farán de investigadores/as científicos/as….

Ler máis

Formación para docentes en horta escolar ecolóxica

O pasado 19 de novembro iniciamos unha nova edición do curso “Horta Escolar Ecolóxica” 25-26, enmarcado no Plan Proxecta da Rede. A primeira sesión, achegou ás persoas participantes aos principios da agricultura ecolóxica, aos diferentes tipoloxías de hortas escolares e ás claves para o deseño e planificación da horta. O IES Arzobispo Xelmírez, en Santiago de Compostela acolleu a…

Ler máis

Espazos de planificación coas familias voluntarias da Rede

Durante o mes de novembro iniciamos espazos de encontro e planificación coas familias voluntarias na horta de varios centros da Rede. Ao igual que en anteriores cursos, aproveitamos o primeiro trimestre para reactivar os grupos e planificar os obxectivos para mellorar os proxectos de horta creando comunidade. Tres son os centros educativos que incorporan ás familias na xestión da…

Ler máis

III Encontro da Rede de Eco Hortas Escolares

Os Encontros da Rede de Eco Hortas xa son unha cita ineludible de fin de curso. Así, en maio xuntámonos por terceiro ano, nunha xornada de intercambio de aprendizaxes pero tamén de celebración no proxecto agroecolóxico Trasdeza Natur (Silleda). En total participaron do Encontro 24 persoas (20 persoas adultas e 4 nenos/as), tanto familias voluntarias da Rede como docentes…

Ler máis

Obradoiro para as familias voluntarias na Fundación Sales

O pasado mes de abril familias voluntarias de tres centros da Rede (EEI Vilalaura, EEI Monte da Guía e Gándara International School) puideron desfrutar dun novo espazo de intercambio e formación, creado exclusivamente para elas. O obxectivo foi favorecer un espazo que combinase intercambio de experiencias e capacitación en temas agroecolóxicos. A Fundación Sales, co seu fantástico xardín botánico…

Ler máis

Centros da Rede visitan proxectos agroecolóxicos galegos

No segundo trimestre deste curso, os centros que participan na Rede a través do Plan Proxecta realizaron visitas a proxectos agroecolóxicos galegos. Estas saídas buscaban achegar ao alumnado a proxectos destacados de cultivo ecolóxico que poñan en valor o rural galego e amosen alternativas de emprego sustentables e innovadoras, deconstruíndo así os prexuízos respecto ao traballo agrícola que moitas…

Ler máis

Curso de horta escolar: a integración da horta no centro educativo

O alumnado do noso curso de horta escolar seguiu adqiurindo coñecementos nos diferentes ámbitos que abordamos dende esta formación. Na cuarta sesión, celebrada de xeito virtual o pasado 26 de marzo, enfocámonos en estratexias e recursos para a integración da horta no centro escolar. A primeira parte centrouse nos límites e as oportunidades para o desenvolvemento das hortas que…

Ler máis

Co financiamento de:

Xunta de Galicia - Cooperación galega

Promove:

Amigas da Terra