Talleres de horta coas familias voluntarias

No segundo trimestre celebramos talleres prácticos de horta coas familias voluntarias de 5 centros da Rede, co obxectivo de mellorar os seus coñecementos e facilitar así a súa participación no proxecto de horta escolar. A temática de cada taller foi escollida polo grupo de familias de cada centro, co obxectivo de ofrecer a formación que se axuste mellor ás…

Ler máis

Curso de horta escolar: xustiza global e enfoque de Educación para a Transformación Social

O curso “Horta Escolar Ecolóxica” que levamos a cabo con persoal docente de centros educativos de todo Galicia, celebrou dúas sesións máis no segundo trimestre, ambas as dúas en liña. A segunda xornada, titulada “Da horta á aula: A Educación para a Transformación Social (EpTS) nas hortas escolares”, tivo lugar o 24 de xaneiro. O concepto e evolución de…

Ler máis

Visita intercentros ao Gándara International School

A terceira e última visita intercentros deste curso tivo lugar a finais de febreiro. Nesta ocasión o CEIP Cedeira e o CEIP Porto Cabeiro, ambos os dous de Redondela, visitaron o colexio Gándara en Gondomar. Ao igual que nas anteriores visitas, o alumnado organizouse por grupos e foi rotando entre 3 actividades diferentes: Visita guiada ao espazo da horta…

Ler máis

Co financiamento de:

Xunta de Galicia - Cooperación galega

Promove:

Amigos da Terra