Memoria xornadas en liña “Educación para a Cidadanía Global e a sustentabilidade: Experiencias desde as hortas escolares”

A Rede de Eco Hortas Escolares, promovida por Amigos da Terra, celebrou en colaboración con Germinando, as xornadas en liña “Educación para a Cidadanía Global e a sustentabilidade: Experiencias desde as hortas escolares”. O evento, tiña por obxectivo achegar ás persoas participantes experiencias diversas de hortos escolares e educativos en diferentes ámbitos territoriais e coñecer a través da súa práctica, a súa contribución á sostibilidade global e a Axenda 2030.

Así, as xornadas contaron coa participación como relatoras de dez entidades (redes e centros educativos de todo o país) que achegaron os seus exemplos ás persoas participantes, creando un espazo de debate e intercambio sobre os diferentes elementos que se abordaron cada un dos tres días do programa.

A primeira sesión, achegounos ás características e perspectivas de futuro das redes de hortos escolares en diferentes territorios (abarcando desde o nivel internacional, ata o nivel local). A segunda e a terceira sesión, centráronse en experiencias concretas de centros educativos en relación a dous elementos sobre as que as entidades organizadoras querían profundar: a participación e implicación da comunidade educativa no proxecto de horto escolar, e o traballo sobre os ODS como oportunidade para ampliar o aproveitamento educativo destes espazos e para traballar contidos curriculares a través do horto.

Dirixidas tanto a persoal técnico de administracións, como persoal docente, familias e entidades que apoian ou promoven redes de hortas escolares, as xornadas contaron cuna ampla participación, conseguindo unha asistencia media de 50 persoas en cada unha das sesións, o que reflicte o interese que espertan as hortas escolares na comunidade educativa.

A continuación, achegamos as presentacións e vídeos das xornadas:

 

 

Accede á Memoria completa do encontro.