Formación de novas docentes en “Horta Escolar Ecolóxica”

A Rede de Eco Hortas Escolares ampliou este curso a súa achega. A súa inclusión no Plan Proxecta permitiu a incorporación de cinco novos centros educativos de toda Galicia. Así, este curso son 14 os centros participantes, espallados polas catro provincias. Entre os meses de novembro e decembro docentes destes cinco centros participaron no curso en liña “Horta Escolar…

Ler máis

Diagnóstico “As hortas escolares en Galicia”

Portada diagnostico hortas escolares

Dende Rede de Eco Hortas Escolares, estamos moi contentas de poder presentar o diagnóstico “As hortas escolares en Galicia”. Grazas á participación de 58 EEI e CEIPs e 8 IES de toda Galicia, que cubriron o formulario que elaboramos, podemos ter o primeiro estudo sobre implantación das hortas escolares na nosa comunidade. Deste diagnóstico podemos extraer varias conclusións chave:…

Ler máis

Memoria xornadas en liña “Educación para a Cidadanía Global e a sustentabilidade: Experiencias desde as hortas escolares”

A Rede de Eco Hortas Escolares, promovida por Amigos da Terra, celebrou en colaboración con Germinando, as xornadas en liña “Educación para a Cidadanía Global e a sustentabilidade: Experiencias desde as hortas escolares”. O evento, tiña por obxectivo achegar ás persoas participantes experiencias diversas de hortos escolares e educativos en diferentes ámbitos territoriais e coñecer a través da súa…

Ler máis

Participación das familias nas hortas escolares a través dos ODS

O pasado 25 de febreiro tivo lugar a primeira xornada online “FAMILIAS NA HORTA ESCOLAR. A horta como semente dun mundo máis sostible” a primeira formación orientada ás ANPAS da Rede de Eco Hortas Escolares. Con esta xornada pretendíamos facer unha primeira aproximación á Axenda 2030 (os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ou ODS), motivar ás nais e pais participar…

Ler máis

Comezamos novo curso na Rede de Eco Hortas Escolares

A Rede de Eco Hortas Escolares continúa a súa viaxe conxunta neste curso 2020-2021. Tralos últimos meses de paralización da actividade educativa e a grave situación socio-sanitaria que nos afecta a todos os niveis, comezou en setembro un novo curso escolar, atípico e cheo de incertezas. Dende Amigos da Terra, no noso compromiso de seguir apostando polas hortas escolares…

Ler máis

Co financiamento de:

Xunta de Galicia - Cooperación galega

Promove:

Amigos da Terra