
Amigos da Terra xunto a Germinando, estamos a organizar o encontro en liña gratuíto “Educación para a cidadanía global e a sustentabilidade: experiencias desde as hortas escolares”, que terá lugar o 28 de outubro, 3 e 4 de novembro.
O obxectivo é promover a implantación das hortas nos centros escolares para achegar á comunidade educativa ao cultivo de alimentos desde un enfoque global que permita educar na sustentabilidade, integrar outras temáticas ambientais e fomentar o desenvolver habilidades e competencias no alumnado. Ademais de seguir tecendo redes e coñecer outras experiencias que nos enriquezan.
Destinatarios/as: persoal docente de centros escolares con proxectos de hortas escolares, axentes educativos e institucións que participan e/ou apoian estes programas educativos.
Todo o encontro levarase a cabo en liña e a través da plataforma zoom.
Datas e programa:
“As redes de hortas escolares. Características, avances e perspectivas” / 28 outubro (17:00-19:00)
-Presentación Avances Mapeo Estatal Hortos Escolares
-Exposición de experiencias:
- Red Internacional de Huertos Educativos (Rihe)
- Proyecto Ecológico Andalhuerto (AGAPA, Andalucía )
- Red de Huertos Educativos de Mérida
- CEIP Bartolome Nicolau (Talavera de la Reina )
-Debate
“A horta escolar e a comunidade educativa. Experiencias de éxito” / 03 novembro (17:00-18:30)
-Exposición de experiencias:
- Red de Huertos de San Cugat
- CEIP “Manuel Riquelme ” (Alicante )
- CEIP Mestre Rodríguez Xixirei (Santiago Compostela)
-Debate
“Os ODS e a horta escolar. A horta como un proxecto de centro” / 04 novembro (17:00-18:30)
-Exposición de experiencias:
- IES/CIFP Egibide (Vitoria)
- CEIP Rei en Jaume (Valencia )
- CEIP N º1 de Tui ( Pontevedra )
-Sesión traballo: Como traballar os ODS na horta?
Inscricións (ata o 26 de outubro) no seguinte formulario. Posibilidade de asistir a unha ou a varias das sesións.
Máis información e contacto: cooperacion@amigosdaterra.net / 986 22 90 89