Presentación da horta
Este é o primeiro curso (2022-2023) que o IES MONTE CASTELO participa nas Eco Hortas Escolares. Dende hai anos no centro hai un invernadoiro que nos últimos anos non se utilizou. Este curso decidimos solicitar o Plan Proxecta de Eco Hortas Escolares coa idea de integrar a todo o centro educativo nun proxecto común; xa que a maioría de proxectos son para etapas concretas, e sen embargo con este proxecto podemos involucrar a todos o niveis educativos: ESO, bacharelato e ciclos formativos.
Dado que no centro se imparte o CS de Química e Saúde Ambiental, pareceunos boa idea que o alumnado do ciclo fose o encargado do invernadoiro: preparación de bancais, plantación, elaboración de produtos ecolóxicos para o control de pragas… Será o alumnado do ciclo o encargado de ensinar ó resto de alumnado do centro a coidar a plantación.
Tamén temos pensado crear unha pequena horta exterior que estará dedicada ao cultivo de especies en extinción coma, por exemplo, o liño.
- Web (xeral): http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo/