Presentación da horta
Na EEI Vila Laura a horta naceu alá polo ano 2006, coa colaboración das familias e a partir do ano 2015 como Horta Ecolóxica coa colaboración de Amigos da Terra, ANPA e familias.
Traballamos co alumnado de 5 anos (100 nenos/as) por quendas. E contamos co asesoramento dunha enxeñeira agrónoma que planifica e guía todo o proceso.
Neste proxecto contamos coa colaboración de ANPA, Xaruma e o colexio tanto no mantemento como en formación e/ou colaboración económica.
As actividades que se levan a cabo son:
- Na horta: plantar, sementar, regar, quitar as herbas “malas”, recoller, reciclar no compostador…
- Na aula: Caderno de Campo, Bolsas de Aromáticas, Cociñando con…, Vermicomposteiros, contos, adiviñas, cancións…
Ademais, no noso blogue temos un espazo adicado á horta:
- Blogue (xeral): vilalaurainfantil.blogspot.com.es
- Blogue (horta): vilalaurainfantil.blogspot.com/search/label/A NOSA HORTA