Presentación da horta
O CEIP Anexa comeza este curso 2022-2023 co deseño e coidado da horta escolar. En anos anteriores en colaboración coa Concellería de Educación se fixeron obradoiros nunha pequena porción de terreo co alumnado de 6º de Educación Infantil. O curso pasado xurdiu unha iniciativa por parte das mestras de Pedagoxía Terapéutica para empezar a realizar actividades de horta co noso alumnado con TEA. A actividade resultou enormemente positiva e este curso decidimos involucrar ao resto do grupo clase, para que todos xuntos poidamos compartir esta fermosa experiencia.
Estamos iniciando a nosa andaina no deseño, busca de localizacións axeitadas, tamén proxectando a construción de bancais e iniciando plantacións de inverno.
O traballo dos nenos combina o traballo físico na horta con todo o que isto implica e traballo en aula de documentación, concienciación e abordaxe de estratexias para organizar o traballo.
O noso proxecto pretende integrar o traballo na horta coas actividades académicas e que ao mesmo tempo sirva como eixo integrador para o noso alumnado con TEA, tanto nas actividades do centro como cos seus compañeiros do grupo clase, podendo realizar as mesmas actividades xuntos e de forma colaborativa.
Outros obxectivos que perseguimos se centran na promoción dun estilo de vida activo e dunha dieta saudable que mellore a nosa calidade de vida, así como a posta en valor do traballo que tradicionalmente desempeñaron as mulleres nas hortas galegas ao longo do tempo.
Por último, pretendemos integrar o uso das TIC no traballo “agrícola”, de xeito que recoñezamos como unha actividade ancestral se pode xestionar de forma máis eficiente co uso das TIC.
- Web (xeral): http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipanexalugo/