Presentación da horta
Os labores de cultivo na EEI Monte da Guía comezaron fai aproximadamente dez anos. Aínda que a horta como tal, cun espazo delimitado, bancais etc. creouse no curso 2014-15, grazas a colaboración de Amigos da Terra e a Campaña Impórtanos.
Debido as características do Centro (tratase dunha escola de tres unidades), e ao carácter marcadamente familiar e respetuoso que impregna o noso traballo, a Horta das Sete Lúas é un espazo libre; o cal quere decir que os labores que se levan a cabo na mesma non responden nin a horarios, nin grupos; as crianzas acuden libremente no tempo de “recreo”, para limpar, regar, plantar… Non hai actividades guiadas nin organizadas senón os propios labores de cultivo. Algunhas veces os nenos e nenas levan para casa o que recollen ou ben preparamos algo na escola. Pero sempre apostamos por unha aprendizaxe vivencial, na que a partir da experiencia e de xeito libre os pequenos/as saquen a súas propias conclusións.
En canto as persoas adultas que participan na horta aínda que a reponsable do proxecto é a titora de tres anos, as demais mestras tamén poden disfrutar do traballo na mesma.
- Blogue (xeral): queroteverde.blogspot.com.es