Presentación da horta
A horta do Colexio Possumus, é unha “horta urbana” posto que as plantacións realízanse en macetas que foron realizadas en madeiras recicladas por un pai do centro que prestou a súa colaboración desinteresada. Temos 3 macetas de aproximadamente metro e medio de longo por 50 cm de ancho. Ademais temos outras tres macetas rectangulares de un metro por 20 cm colocadas en esqueira. Empregamos tamén moitas garrafas de auga como maceteiros.
O noso espazo é amplo e contamos nel cun aseo, unha billa con mangueira e todo o preciso para facer a plantación, ademais dun composteiro suministrado o pasado curso por Sogama.
Pegada a horta temos unha aula de usos múltiples (tipo obradoiro) que empregamos para realizar as tarefas propias de aula.
- Web (xeral): www.possumus.es