Curso de horta escolar: xustiza global e enfoque de Educación para a Transformación Social

O curso “Horta Escolar Ecolóxica” que levamos a cabo con persoal docente de centros educativos de todo Galicia, celebrou dúas sesións máis no segundo trimestre, ambas as dúas en liña. A segunda xornada, titulada “Da horta á aula: A Educación para a Transformación Social (EpTS) nas hortas escolares”, tivo lugar o 24 de xaneiro. O concepto e evolución de…

Ler máis

Visita intercentros ao Gándara International School

A terceira e última visita intercentros deste curso tivo lugar a finais de febreiro. Nesta ocasión o CEIP Cedeira e o CEIP Porto Cabeiro, ambos os dous de Redondela, visitaron o colexio Gándara en Gondomar. Ao igual que nas anteriores visitas, o alumnado organizouse por grupos e foi rotando entre 3 actividades diferentes: Visita guiada ao espazo da horta…

Ler máis

Visita intercentros ao CEIP Sobreira-Valadares

A creación de novos espazos de intercambio e aprendizaxe entre os centros participantes é un dos principais obxectivos e retos da Rede de Eco Hortas para este curso escolar. Por iso, no mes de novembro organizamos a primeira visita intercentros da Rede. O centro anfitrión, o CEIP Sobreira-Valadares, acolleu durante unha mañá a alumnado e profesorado de 2º de…

Ler máis

CPR Possumus: Os habitantes do solo

Moi importante antes de comezar a tarefa na horta, foi a preparación e a limpeza do terreo. Durante esta labor atopamos unha morea de miñocas, e algún que outro habitante do solo. Este feito serviu de punto de partida para introducir o tema do coidado e respecto pola natureza. Ademais, o feito de atopar miñocas permitiu introducir ao alumnado…

Ler máis

CEIP San Salvador de Teis: A nosa horta

Somos un colexio responsable co medio ambiente, respetuoso coa nosa contorna. Estamos inscritos na Rede de Hortas Escolares e tamén en Voz Natura, no cal xa fumos premiados. A comunidade educativa aboga por favorecer unha aprendizaxe práctica, funcional, a través de proxectos que achegue ao alumnado á adquisición de valores e conductas responsables dun xeito atractivo, lúdico e motivador. Todos…

Ler máis

EEI Plurilingüe Monte da Guía: Vocabulario da horta

Unha das protagonistas da nosa horta de inverno son as fabas. Na aula de 4 anos aproveitamos a súa presenza, para traballar a familia das leguminosas. Utilizamos imaxes de fabas, garavanzos, lentellas, cacahuetes e ervellas para facer unha actividade de lectoescritura. Traballamos o novo vocabulario, construimos palabras, identificamos grafías, contamos letras e tamén escribimos e debuxamos; favorecendo así unha…

Ler máis

EEI Vila Laura: Facendo xurro de lentellas!

Esta semana fixemos un preparado moi sinxelo para coidar a nosa horta. O xurro de lentellas, funciona como enrainzante natural e se emprega no rego dos sementeiros e das plantas. Para a súa elaboración só se precisa unha cunca, un cubo, un pano (máis grande que o cubo, un batedor eléctrico, un coador, e por suposto, lentellas e auga!…

Ler máis

Co financiamento de:

Xunta de Galicia - Cooperación galega

Promove:

Amigos da Terra