Formación para familias voluntarias: bancos de sementes

No terceiro trimestre do curso que acaba de rematar, continuamos o plan formativo coas familias voluntarias implicadas nas hortas dos seus centros educativos.

Desta vez, levamos a cabo un taller de creación de bancos de sementes. O obxectivo foi dar a coñecer a importancia de contar con sementes propias e de calidade, así como xenerar en cada escola unha colección de sementes. Estes bancos permitirán mellorar a súa autonomía dos centros, aumentar a variedade de alimentos e intercambiar sementes con outros coles da Rede.

As familias participantes aprenderon as diferentes técnicas de extracción das sementes, dependendo do tipo de planta, e pautas para a súa conservación e almacenamento. Ademais, aproveitamos o taller para xenerar en cada un dos centros que participaron o banco propio do cole, con sementes dos cultivos que estaban listos para a colleita e outras que trouxeron algunhas familias das súas hortas particulares.

No curso que vén, seguiremos acompañando ás familias para fortalecer e mellorar os proxectos de horta escolar, a través de novas formacións e encontros.