CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares: botamos en falta a nosa horta

Xa levamos un tempo nas nosas casas, e preguntámonos como atoparemos a nosa horta ó volver o cole, e se poderemos recoller o froito do noso traballo. Despois de meses traballando dentro e fóra da aula, gracias os nenos e nenas de Primaria en marzo xa tiñamos con que condimentar os nosos pratos:

Pero os rapaces e rapazas de infantil tamén puxeran as botas para ir traballar. O alumnado de 4 anos preparara a terra con moito coidado, quitando as pedras e herbas pequenas. Sementaron leituga e allo, de xeito cooperativo, en equipos de 4: un fixo o burato cun pao, outro meteu a semente, outro tapou coa terra e outro regou.

E os nenos e nenas de 5 anos, arrincaron as malas herbas dos bancais exteriores, sementaron e plantaron patacas.

Sabemos que as mascotas de infantil quedaron a traballar no cole así que… teremos unha rica colleita á volta?

Mentres tanto, seguimos a recordar o traballo feito realizando actividades a través da nosa web.