Moi importante antes de comezar a tarefa na horta, foi a preparación e a limpeza do terreo. Durante esta labor atopamos unha morea de miñocas, e algún que outro habitante do solo. Este feito serviu de punto de partida para introducir o tema do coidado e respecto pola natureza. Ademais, o feito de atopar miñocas permitiu introducir ao alumnado no mundo do compost e como estes pequenos animaliños traballan para transformar a materia orgánica en abono natural. Esta é a maxia da natureza!
Toda a materia orgánica resultante da limpeza do terreo foi incorporada ao composteiro e finalmente se sementaron os cultivos típicos da época do ano: grelos e nabicol.
De volta á aula, e para afianzar este proceso natural, empregamos o conto “aqueles monstros anciáns que viven baixo a terra“. A próxima tarefa do nosos pequenos agricultores, será realizar un vermicomposteiro. Xa están preparados!