Horta CEIP Frian-Teis: actividades 1º trimestre

O CEIP FRIAN de Teis conta cunha horta ecolóxica dende o curso 2015/16, no que recibiron asesoramento e apoio técnico para poñer en marcha a horta e realizar as labores de cultivo co alumnado. Actulamente contan cun amplo espazo adicado ao cultivo, na que participan alumnado de Educación Infantil, 2º e 6º de Primaria.

Durante o primeiro trimestre deste curso, plantaron os cultivos de inverno e fixeron acolchados para protexelos. Ademais do traballo hortícola, realizaron diversas tarefas nas aulas.

O alumnado de Infantil cultivou bulbos de flor para transplantar á horta cando teñan medrado. O alumnado de 2º Primaria, está a elaborar un diario de horta que formará parte de seu Proxecto Documental Integrado deste ano, que se titula “Actívate pola Natureza”. E o alumnado de 6º de Primaria empregou información sobre a plantación da pataca recollida na páxina da “huertina de Toni”, recomendada no curso de Horta Ecolóxica que realizamos dende a Rede coas docentes dos centros integrados.