Horta CPR Possumus: actividades 1º trimestre

A horta do Colexio Possumus, é unha “horta urbana” posto que as plantacións realízanse en macetas que foron realizadas en madeiras recicladas por un pai do centro. Teñen en total 6 maceteiros grandes, e outros máis pequenos ademais de moitas garrafas de auga que reutilizan como espazos de cultivo e un composteiro.

Durante os primeiros meses do curso levaron a cabo varias actividades relacionadas coa horta e coa proteción do medio. Dunha banda, plantaron chícharos, canónigos, cenorias, raviños e grelos. Tamén fabricaron enraizante de lentella, vermicomposteiros en botes de cristal, e bombas de sementes para repoboación dun espazo afectado polos lumes.