O CEIP San Salvador de Teis conta con horta escolar dende hai bastantes anos, grazas ao entorno e o exterior do centro, que facilita a creación de deferentes espazos de cultivo. Este curso escolar prepararon dúas zonas diferenciadas, unha para as tres clases de Educación Infantil, e outra para 5º e 6º de Primaria.
No primeiro timestre plantaron ervilla, canónigo, raviño, cenoria, faba, espinafre e grelo. Ademais, en clase realizaron cadernos de campo onde rexistrar os cambios experimentados, recoller datos numéricos do seu crecemento e atopar solucións ante posibles problemas ou cambios; e debuxaron a composicións das distintas mesas de cultivo, traballando en equipo para buscar información sobre os alimentos que cultivaron.