Curso de horta escolar: traballo nas aulas e a pé de horta!

En xaneiro e febreiro continuamos o curso de “Horta Escolar Ecolóxica” 2025-2026. A segunda sesión, celebrada de xeito online a finais de xaneiro, centrouse no traballo curricular e como relacionalo co proxecto de horta para sacar o maior proveito educativo. Para iso contamos con Julieta Alasino, da cooperativa Alalá, quen introduciu a visión da educación ecosocial como enfoque para…

Ler máis

Formación para docentes en horta escolar ecolóxica

O pasado 19 de novembro iniciamos unha nova edición do curso “Horta Escolar Ecolóxica” 25-26, enmarcado no Plan Proxecta da Rede. A primeira sesión, achegou ás persoas participantes aos principios da agricultura ecolóxica, aos diferentes tipoloxías de hortas escolares e ás claves para o deseño e planificación da horta. O IES Arzobispo Xelmírez, en Santiago de Compostela acolleu a…

Ler máis

I Encontro da Rede de Eco Hortas Escolares

O pasado 15 de abril celebramos o I Encontro da Rede de Eco Hortas Escolares en Fillas da Terra, unha horta ecolóxica en Domaio (Moaña). A xornada deseñouse como un espazo de traballo pero tamén lúdico, con servizo de canguro para os fillos e fillas das participantes (a cargo da cooperativa Donde viven los cuentos), visita guiada e xantar-degustación…

Ler máis

Formación de novas docentes en “Horta Escolar Ecolóxica”

A Rede de Eco Hortas Escolares ampliou este curso a súa achega. A súa inclusión no Plan Proxecta permitiu a incorporación de cinco novos centros educativos de toda Galicia. Así, este curso son 14 os centros participantes, espallados polas catro provincias. Entre os meses de novembro e decembro docentes destes cinco centros participaron no curso en liña “Horta Escolar…

Ler máis

Co financiamento de:

Xunta de Galicia - Cooperación galega

Promove:

Amigas da Terra