II Curso de horta escolar 2019

O curso escolar 2019-2020 empezou con enerxía e novas incorporacións á Rede de Eco Hortas Escolares!

Co obxectivo de continuar capacitando á comunidade educativa dos centros integrados para lograr proxectos de hortas máis participativos, realizamos a segunda edición do curso de horta escolar, desta vez aberto a docentes e familias.

Así, entre outubro e novembro de 2019, 10 docentes e 7 nais e pais de alumnos/as participaron nesta formación, que abranguiu os aspectos precisos para xestionar unha horta escolar como, por exemplo, o deseño e planificación de cultivos, sementes, espazos auxiliares, compostaxe ou rego.

Ademais, reflexionamos sobre cómo se poderían organizar os centros escolares de cara a abrir os proxectos á participación das familias e ANPAS; e deseñamos actividades educativas e de ocio en torno á horta.

Dende a Rede de Eco Hortas Escolares seguiremos apoiando nos seguintes meses a conformación de grupos de traballo nos centros educativos, para fortelecer así os proxectos e conseguir sacarlle todo o potencial ás nosas hortas!