No CEIP A Doblada, a horta escolar naceu no ano 2017 a modo experimental coa axuda de mestres, mestras e alumnado de todo o centro. Trátase dunha horta feita con materiais de reciclaxe: Así, hai macetas elaboradas con materiais de refugallo, tales como pallets de madeira recollidos nas rúas e botellas ou garrafas de plástico
Neste intre cada aula ten o seu espazo para plantar, pero hai unha zona de plantación común de prantas aromáticas e outra de verdura e repolos plantada na propia terra.
No primeiro trimestre do curso, os alumnos de 6º de Infantil e 1º de Primaria limparon as malas herbas do bancal, botaron compost e sementaron cenoria, grelo, rabaniños e canónigos.
Aquí podedes ver algunhas fotos das actividades.