Talleres de planificación coas familias voluntarias das hortas escolares

No mes de novembro iniciamos o acompañamento ás familias voluntarias da Rede de Eco Hortas Escolares. Como en cursos anteriores, 5 dos centros educativos integrados (EEI Monte da Guía, EEI Vilalaura, CEIP Sobreira-Valadares, CEIP Seixalbo e Gándara International School), ofreceron ás familias a oportunidade de formar un grupo de voluntarias que colabore nos proxectos de horta dos seus centros.

Como parte dese acompañamento, celebramos nos 5 centros un primeiro taller de organización e planificación dos grupos. O obxectivo central dese taller foi xenerar un espazo de reflexión para favorecer o coñecemento mutuo, e que as familias decidisen conxuntamente os obxectivos e actividades que queren levar a cabo este curso. Como resultado, todos os grupos teñen xa unha pequena folla de ruta que facilitará a súa participación nos próximos meses.

Para mellorar as súas capacidades, no segundo trimestre as familias participarán dunha formación práctica de horta na temática que ellas mesmas escollan.