EEI Plurilingüe Monte da Guía: Vocabulario da horta

Unha das protagonistas da nosa horta de inverno son as fabas. Na aula de 4 anos aproveitamos a súa presenza, para traballar a familia das leguminosas. Utilizamos imaxes de fabas, garavanzos, lentellas, cacahuetes e ervellas para facer unha actividade de lectoescritura.

Traballamos o novo vocabulario, construimos palabras, identificamos grafías, contamos letras e tamén escribimos e debuxamos; favorecendo así unha aprendizaxe globalizada e aproveitando ao máximo os nosos recursos da horta.