Obradoiro para as familias voluntarias na Fundación Sales

O pasado mes de abril familias voluntarias de tres centros da Rede (EEI Vilalaura, EEI Monte da Guía e Gándara International School) puideron desfrutar dun novo espazo de intercambio e formación, creado exclusivamente para elas. O obxectivo foi favorecer un espazo que combinase intercambio de experiencias e capacitación en temas agroecolóxicos. A Fundación Sales, co seu fantástico xardín botánico…

Ler máis

Talleres de horta coas familias voluntarias

No segundo trimestre celebramos talleres prácticos de horta coas familias voluntarias de 5 centros da Rede, co obxectivo de mellorar os seus coñecementos e facilitar así a súa participación no proxecto de horta escolar. A temática de cada taller foi escollida polo grupo de familias de cada centro, co obxectivo de ofrecer a formación que se axuste mellor ás…

Ler máis

Talleres de planificación coas familias voluntarias das hortas escolares

No mes de novembro iniciamos o acompañamento ás familias voluntarias da Rede de Eco Hortas Escolares. Como en cursos anteriores, 5 dos centros educativos integrados (EEI Monte da Guía, EEI Vilalaura, CEIP Sobreira-Valadares, CEIP Seixalbo e Gándara International School), ofreceron ás familias a oportunidade de formar un grupo de voluntarias que colabore nos proxectos de horta dos seus centros….

Ler máis

Talleres de preparados vexetais coas familias voluntarias

Nas últimas semanas as familias voluntarias de cinco centros da Rede volveron xuntarse para compartir un espazo formativo. Foron as propias familias quenes escolleron a temática do seu interese, dentro dun catálogo de formacións prácticas de horta que ofrecimos dende a Rede. Curiosamente en todos os casos a selección foi a mesma: “Preparados vexetais para tratar as plantas”. Os/as…

Ler máis

Familias voluntarias: talleres de identificación de necesidades

O primeiro trimestre do curso 2022-2023 serviunos para retomar o traballo cos grupos de familias voluntarias en varios centros da Rede. Aproveitando o inicio do curso, facilitamos talleres de identificación de necesidades para cada un dos 5 centros que contan con familias que participan activamente no proxecto de horta: EEI Monte da Guía, EEI Vilalaura, CEIP Sobreira-Valadares, CEIP Seixalbo…

Ler máis

Formación para familias voluntarias: bancos de sementes

No terceiro trimestre do curso que acaba de rematar, continuamos o plan formativo coas familias voluntarias implicadas nas hortas dos seus centros educativos. Desta vez, levamos a cabo un taller de creación de bancos de sementes. O obxectivo foi dar a coñecer a importancia de contar con sementes propias e de calidade, así como xenerar en cada escola unha…

Ler máis

Co financiamento de:

Xunta de Galicia - Cooperación galega

Promove:

Amigos da Terra