Comezamos o curso de Horta Escolar Ecolóxica 26-27

Esta semana comezamos o curso de Horta Escolar Ecolóxica no IES Arcebispo Xelmírez I en Compostela.

Para a primeira sesión, centrada nos principios básicos do cultivo ecolóxico e no deseño das hortas escolares, contamos con Flor Medina, asesora de horta dalgúns dos centros da Rede.

16 docentes de 3 CEIP, 2 CPR e 10 IES de todo Galicia aprenderon a preparar a horta do cole para plantar cultivos de inverno como chícharos e fabas.

Tamén tivemos unha parte de aula onde vimos como poden ser as hortas escolares dependendo do centro educativo: dende invernadoiros ata hortas verticais, dende plantas aromáticas ata verduras e frutais.

Para rematar, as participantes practicaron a planificación de cultivos desta tempada outono-inverno. aplicada á horta dos seus centros.

O curso continuará ata maio de 2027 con diferentes sesións nas que o alumnado participante poderá profundar en coñecementos de agroecoloxía escolar e metodoloxías e ferramentas para o traballo curricular.