Unidade didáctica “Alimentos de tempada”

Alimentos de tempada

Amigos da Terra e Aulas Galegas publican a segunda das unidades didácticas para traballar na aula temáticas relacionadas coa agricultura e a alimentación, adaptadas á contorna telemática e ao traballo a distancia. Esta proposta permitirá ao alumnado reflexionar sobre a orixe dos alimentos, calcular os kilómetros que percorren ata chegar á súa mesa e coñecer a súa estacionalidade.

Nome: “Alimentos de tempada”

Destinatarios/as: Alumnado de 3º ciclo de Ed. Primaria

Obxectivos:

  1. Describir ordenadamente o proceso de obtención dun produto ata a súa venda, valorando o impacto deste proceso no medio ambiente.
  2. Explicar as causas e consecuencias do cambio climático e actuacións responsables para frealo: alimentos de proximidade e alimentos de tempada
  3. Recoñecer estilos de vida saudables e os seus efectos sobre o coidado e mantemento do funcionamento global do corpo e tamén do medio ambiente.
  4. Elaborar un menú saudable con alimentos de proximidade e de tempada

Acceso ao recurso