Recursos educativos para levar a horta ás aulas

No curso 2023/2024 levouse a cabo un proceso de acompañamento a dous centros da Rede, o Gándara International School e o CEIP Sobreira-Valadares, co obxectivo de que identificasen e levasen a cabo propostas para a mellora da transversalización da horta escolar no seu centro.

En ambos os dous casos, o equipo de docentes e familias implicadas, decidiron crear e compartir un banco de recursos pedagóxicos para facilitar o traballo docente coa horta. O obxectivo foi xenerar unha serie de actividades e materiais didácticos que facilitasen que docentes que actualmente non están participando da horta ou que non saben como vinculala coa súas materias, poidan empregalos e implicarse así na horta.

Debido ás características e realidades propias dos dous centros, os materiais elaborados en cada caso foron diferentes.

No caso do CEIP Sobreira, fixeron un catálogo de actividades de aula para diferentes materias a partir de experiencias vivenciais a pé de horta que logren implicar a outro profesorado. Para adaptarse ás necesidades do persoal docente, fixeron unha caixa para recoller suxestións onde aquelas compañeiras que quisexen experimentar coa horta, achegasen as súas necesidades (materias e/ou temáticas que lles gustaría traballar e nivel do alumnado ao que daban clase). Despois desta identificación, o equipo de horta formado por docentes e familias, elaborou cinco fichas de actividades adaptadas a estas preferencias, que se achegan a continuación:

Pola súa banda, no Gándara centraron os esforzos en traballar ao redor da biodiversidade, con 2 actividades: construcción dun hotel de bichos e elaboración de fichas didácticas sobre os bichos da horta. Estas fichas están na biblioteca do centro e acompañan as actividades de identificación na horta e estudo da fauna asociada á mesma. Con elas, o alumnado pode aprender sobre a morfoloxía, o impacto que ten sobre a horta e algunhas curiosidades de animais como abellas, caracois, bolboretas, pulgóns, miñocas, bichos bola, arañas e xoaniñas.

Estes recursos serán empregados durante o curso 2024/2025 nos dous centros e recolleremos información sobre a súa utilidade e pertinencia. Non obstante, e co ánimo de que estas actividades sexan replicadas, deixamos a disposición pública os recursos, tanto para os centros da Rede como para profesorado doutras escolas interesado en aproveitar o potencial educativo das hortas escolares.