Presentación da horta
A horta no CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares comezou por iniciativa da profe Isabel fai máis de 10 anos e, pouquiño a pouco, foi medrando.
Dende o 2018 e coa colaboración de Jacobo, de Amigos da Terra, melloramos as nosas instalacións coa creación de bancais, seguimos un plan de traballo respecto das plantacións e fixemos actividades cooperativas cos nenos e nenas.
No curso 2019-2020 contamos xa con 2 bancais exteriores, xunto con 7 dentro do invernadoiro; ademáis de 2 sementeiros.
A Horta é un elemento excelente para traballar en colaboración profesorado e alumnado. Grazas á horta escolar, o alumnado de Infantil e Primaria aprende cada día máis sobre o coidado e beneficios de traballar a nosa terra.