Presentación da horta
A nosa horta naceu fai 7 anos pola iniciativa da Anpa Lameira. Esta proposta foi secundada por unha mestra de Educación Infantil. Un par de anos máis tarde esta mestra entrou na Dirección do centro creando a Comisión de Horta Escolar do Ceip Josefa Alonso. Esta comisión está coordinada por docentes do Centro dende entón.
As persoas docentes da Comisión da horta dinamizan as tarefas: plantación,creación de zonas diferentes, espantallo, horta vertical… nas que se apuntan os diferentes grupos de alumnado coas súas titoras. Cabe sinalar que ademais das mestras e o alumnado, na horta do centro praticipan tamén familias.
Actualmente a horta ten unha superficie de 10 m2 nun terreo con orientación noroeste. Tamén contamos cunha pequena horta vertical e estamos pendente da doazón dun terreo particular para mellorar e ampliar a horta escolar.
- Web (xeral): www.edu.xunta.gal/centros/ceipjosefaalonso