Presentación da horta
A nosa horta naceu hai catro anos, no curso 2015/16, ao abeiro da colaboración con Amigos da Terra e a Campaña Impórtanos. Os fondos cos que se mantén proveñen do orzamento da escola.
Nese primeiro ano recibimos asesoramento persoal para ensinar ao alumnado a preparar a terra, sementar e outras tarefas. Cada titor ou titora encargábase do traballo co seu grupo.
No segundo ano de funcionamento, formouse un grupo de voluntariado entre as familias, que cooperaron ampliando o número de bancais (cos que contamos actualmente) e colaborando coas tarefas agrícolas, chegando incluso a elaborar marmeladas con algúns produtos.
No terceiro curso, pese que a participación das familias foi menor, a implicación do centro foi total, participando na horta todos os grupos de alumnado co profesorado titor e ampliando as actividades en torno á horta coa elaboración de compost, no que o alumnado incorporou os restos da campaña de froita escolar.
No actual curso escolar iniciamos o traballo na horta co alumnado de Educación Infantil, 2º e 6º de Primaria. Se ben haberá grupos que non participen da mesma, ao longo do curso incorporaranse outros grupos de alumnos decidindo cada titoría o traballo posterior a desenvolver na aula.
- Blogue (horta): www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/taxonomy/term/387