Presentación da horta
A horta existe como tal desde hai un montón de anos, se ben A ANPA iniciou o proxecto con Amigos da Terra no curso 2019/2020, coa idea de darlle utilidade á horta durante todo o ano, e non só nos meses de maio-xuño, que é o que se viña facendo ata ese momento.
Está formada por 4 bancais de madeira que se dividiron e repartiron para que todos os cursos dispoñan dunha zona de cultivo. Ademáis, incorporouse unha zona de sementeiros protexida por dous pequenos invernadoiros, construidos por varias familias do centro.
Dispón tamén de dous composteiros nos que se acumulan os residuos orgánicos procedentes da recollida selectiva das aulas.
- Cómo se organiza o centro educativo para o uso da horta?
Temos unha coordinadora da horta escolar, que é a mestra Elia Areal. Ela é a encargada de planificar os traballos de cada grupo e proporciona as instruccións correspondentes a cada cultivo e o material preciso. Tamén coordina ao grupo de familias voluntarias que se conformou no curso 2020/2021. Este grupo, conxuntamente coa ANPA, encárgase dos traballos necesarios para manter a horta e que non poden ser desenvolvidos polos nenos e nenas, tales como poda, desbroce, montaxe do invernadoiro, etc.
Cada curso é responsable dun cultivo, e encárgase de todo o preciso para levalo adiante: preparación de semilleiros, rega, transplantado, etc. O obxectivo é que semanalmente os grupos visiten a horta para avanzar nos traballos que o seu cultivo require.
- Web (xeral): http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipseixalbo/