Presentación da horta
A construción da horta foi froito da colaboración co Concello da Coruña no curso 2019-2020, formando parte dunha das zonas do tempo de lecer do centro, e comenzando a funcionar no curso seguinte. A estrutura organizativa da nosa horta conta con nove bancais de cultivo, con sistema de rego por goteo temporizado e peche perimetral. Tamén decidimos ubicar unha zona de árbores frutais, dentro doutra zona do tempo de lecer.
A finais do curso 2021- 2022 instalouse ao seu carón un invernadoiro que nos permitirá realizar outro tipo de traballos e visualizar os cambios que experimentan as hortalizas. O invernadoiro está dividido en catro bancais e dúas pequenas zonas de traballo.
Dende o curso 2022- 2023 formamos parte da Rede de Eco Hortas. Ademais, ao longo deste curso, dentro do Programa “Familias á escola”, contaremos coa participación de todas aquelas familias que queran participar no traballo, coidado e mantemento da horta, co noso alumnado.
Cada curso ten asignado un bancal, aínda que o coidado e mantemento da horta, faise dende todo o centro, polo que se programan tarefas para distintos escenarios (aula, horta, invernadoiro, etc), para que os grupos traballen con suficiente autonomía, mobilidade e capacidade de decisión.
As tarefas preséntanse no taboleiro da horta, para que todo o alumnado o visualice á hora da entrada no centro e na baixada ao tempo de lecer.
Unha vez á semana a Brigada Antilixo actúa no espazo de lecer, mantendo limpo o noso centro.
- Blogue (horta): https://ceippracticasmedioambiental.blogspot.com/