Presentación da horta
A nosa HORTA ESCOLAR foi posta en funcionamento no mes de abril do 2017 a modo experimental coa axuda d@s mestres-@s e @s nen@s de todo o centro. Como o terreo é areoso e non nos mandaron terra boa tivemos que reciclar macetas de madeira elaboradas con materiais de refugallo,tales como pallets de madeira recollidos nas rúas e botellas de plástico para facer uns maceteiros e colocalos nos pallets tanto en forma horizontal e vertical para ter máis espazo para a plantación.
Este traballo foise facendo paulativamente, ao tempo que se conseguían recursos económicos para mercar ferramentas do horto, sementes, terra, abono ou un contedor para facer compost.
Neste intre cada aula ten o seu espazo para plantar, pero temos unha plantación común de prantas aromáticas onde traballan todol@s nen@s e unha horta común de verdura e repolos plantada na propia terra.
Resumindo podemos decir que o noso HORTO é ECOLÓXICO DENDE A RECICLAXE.
- Web (xeral): www.edu.xunta.gal/centros/ceipdoblada