Horta CEIP Josefa Alonso de Alonso: actividades 1º trimestre

Neste centro escolar a horta naceu grazas á iniciativa da súa ANPA fai 7 anos. Actualmente conta cunha comisión de horta, coordinada por docentes do centro, que dinamizan o proxecto.

Durante o primeiro trimestre fixeron de xeito cooperativo as primeiras labores de preparación e planificación da horta. Así, os alumnos/as de 5º e Primaria organizaron e delimitaron o espazo dos bancais. Logo, os seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de Primaria, prepararon a terra para o cultivo, botaron o abono e plantaron o primeiros cultivos deste curso: allos.

Un traballo participativo que compartiron logo coa comunidade escolar a través dun vídeo que recolle todo o proceso!